![]() |
|||||||
Publicacións Científico Técnicas
de Xavier Queipo |
|||||||
![]() |
|||||||
Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. X.L Rodriguez Villanueva, Xavier Vázquez. Edicións Xerais de Galicia. 1992 ![]() |
||
![]() |
A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principais protagonistas: os peixes. Velaquí un libro que participa destes catro aspectos, traballo de varios anos realizado con amor e adicación e que presenta agora a primeira panorámica totalizadora e sistematizada dun capítulo tan representativo do noso patrimonio natural. Ámbolos dous autores son biólogos, cun amplo traballo de investigación e divulgación do mundo do mar de Galicia. E mesmo do mundo do mar onde traballan decote os galegos. Xavier Vázquez é Inspector Pesqueiro da CEE e Rodríguez Villanueva director dunha planta de cultivo integral de rodaballo, aspectos profesionais que complementan os seus traballos de investigación. Os Peixes do mar de Galicia, con importante aparato fotográfico e coidadas ilustracións, ofrécese en varias entregas, dada a dimensión da obra e o amplo obxecto de estudio que pretendemos. Este primeiro tomo está adicado a algunhas especies moi populares, aínda que non tan ben coñecidas: a lamprea e o mundo das raias e dos tiburóns. Son os peixes cartilaxinosos. Os de estructura ósea trátanse nos dous volumes seguintes. |
Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos, xeneralidades clasificacion e Orden Pisciformes. X.L Rodriguez Villanueva, Xavier Vázquez. Edicións Xerais de Galicia. 1994 ![]() |
||
![]() |
Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importante ámbito do coñecemento da cultura do mar de Galicia: os peixes óseos, coas súas xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Trátase dun libro que, como o anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes, partindo do traballo de investigación e divulgación que os seus autores -biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria- levan a cabo día a día. Xavier V ázquez -inspector pesqueiro en Bruxelas- e X. L. Rodríguez Villanueva -na actualidade profesor no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa- ofrécennos a través desta serie de libros, e sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica. |
Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). X.L Rodriguez Villanueva, Xavier Vázquez. Edicións Xerais de Galicia. 1995 ![]() |
||
![]() |
Logo da publicación do primeiro volume de Peixes do mar de Galicia, con esta nova entrega cúbrese un importante ámbito do coñecemento da cultura do mar de Galicia: os peixes óseos, coas súas xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Trátase dun libro que, como o anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes, partindo do traballo de investigación e divulgación que os seus autores -biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria- levan a cabo día a día. Xavier V ázquez -inspector pesqueiro en Bruxelas- e X. L. Rodríguez Villanueva -na actualidade profesor no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa- ofrécennos a través desta serie de libros, e sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica. |
Vocabulario multilingue de organismos acuáticos. Fernando Lahuerta Mouriño, Francisco X. Vázquez Álvarez Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. 2000 ![]() |
||
![]() |
O Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos xorde ante a necesidade de enche-lo baleiro terminolóxico existente no eido das ciencias do mar. Construído cun propósito normalizador, consta dun total de 2.131 nomes de especies mariñas, seleccionadas seguindo criterios económicos e xeográficos a partir das máis de 8.000 posibilidades reais. O seu obxectivo é facilita-la comunicación dos profesionais do sector nos intercambios comerciais de carácter internacional. Con este fin, inclúense as denominacións en galego cos seus equivalentes en diferentes idiomas. O ordenamento das distintas especies faise mediante criterios sistemáticos, indicándose en cada caso o nivel taxonómico empregado partindo da "Clasificación estatística internacional uniforme dos animais e plantas acuáticas" (CEIUAPA). Esta información, de carácter lingüístico e taxonómico, complétase con datos sobre as áreas xeográficas que constitúen o hábitat natural de cada organismo. O volume finaliza con índices alfabéticos de tódolos organismos agrupados polo seu nome científico e pola súa denominación en galego, español, francés, inglés e portugués. |
Vocabulario multilingue de acuicultura. Fernando Lahuerta Mouriño, Francisco X. Vázquez Álvarez, Xose L. Rodriguez Villanueva Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. 2002 ![]() |
||
![]() |
O Vocabulario multilingüe de acuicultura xorde ante a necesidade de enche-lo baleiro terminolóxico existente no eido do cultivo de especies acuáticas. Construido cun propósito normalizador, consta dun total de 2.735 entradas que representan o léxico máis relevante dunha disciplina en constante desenvolvemento na nosa realidade económica. O seu obxectivo é facilitala comunicación dos profesionais do sector nos intercambios comerciais de carácter internacional. Con este fin, inclúense as denominacións en galego, ordenadas alfabéticamente, cos seus equivalentes en castelán, inglés, francés e portugués, que se recollen, así mesmo, en índices ó final da obra para facilita-la súa consulta. Para o caso concreto dos organismos acuáticos, engádese o nome científico da especie, seguindo un traballo anterior (Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos) supervisado igualmente por Termigal |






