Libros individuais |
|||||||
![]() |
|||||||
Artico e outros mares Narrativa breve. Edicións Positivas, Santiago 1990 Premio da Crítica Española 1990. ![]() | ||
![]() |
Hai maneiras de escribir un libro e maneiras de non escribilo. Ártico e outros mares é un libro que fala do mar e que fala do Ártico. Conta historias de barcos atacados por arañas xigantes, de cacerías de ursos brancos e de morsas, reconstrue episodios descoñecidos da vida do capitán Gray, aporta datos da existencia do monocerote. Despois de ler este libro decatarémonos que, antes de lelo sabiamos pouco acerca do mar, e agora, unha vez finalizado, sabemos ainda menos. Hai maneiras de escribir un libro e maneiras de non escribilo, pero só unha de senti-los mares. |
Ringside Contos. Edicións Sotelo Blanco, Santiago 1993 ![]() |
||
![]() |
As páxinas de Ringside concéntranse arredor de tres focos de atención que teñen a súa orixe noutros tantos ámbitos diversos: “Noticias de Asia”, “Mundos paralelos” e “Estampas do Caribe”. Así e todo, trátase dun libro que, na súa diversidade de espacios e xeografías, se amosa extraordinariamente homoxéneo, no que as historias —narradas dun xeito eficaz e tamén singular— revelan o propósito dun autor preocupado por expresar esa dupla condición de pertenza e estrañamento que a realidade contemporánea impón e que o lector ha descubrir cun arrepío de pracer e de inquietude. Ringside ofrece un mangado de posibilidades narrativas percorrendo un roteiro literario no que o lector ha atopa-la lenda da perla negra de Tailandia ou unha pescuda que o ha levar a descubri-la identidade do corpo dun náufrago nas illas dos Azores. |
Diarios dun nómada Diarios. Edicións positivas, Santiago 1993 ![]() |
||
![]() |
Contornos: Apuntes de filosofía natural Microensaios. Edicións Xerais de Galicia. Vigo 1995 ![]() |
||
![]() |
O Paso do Noroeste Novela. Sotelo Blanco Edicións, Santiago 1996 Premio García Barros 1996 ![]() |
||
![]() |
Mundiños Microensaios. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1997 ![]() |
||
![]() |
Estas microfichas que agora presentamos son unha diversa compilación de diversos textos que abalan entre a nota erudita e o relato, que circulan nesa fronteira lábil entre a realidade e a imaxinación. Queipo convídanos a unha outra viaxe polo descoñecido, polo outro lado, polo que non se ve. Mundiños é unha nova oportunidade de disfrutar dunha das escritas máis innovadoras e menos ortodoxas dos últimos tempos |
Malaria sentimental Narrativa. Edicións Sotelo Blanco, Santiago 1999 ![]() |
||
![]() |
Cando aínda subsiste resistencia guerrilleira na selva, un botánico parte cara a Camboxa co obxectivo d facer un estudo da flora parásita do templo de Angkor, o conxunto arquitectónico máis importante do sueste asiático, xoia central do desaparecido imperio khmer. Pero se espertar dun pesadelo sempre é unha operación onerosa e de éxito incerto, moito máis desesperado e extremo vai ser pretender substraerse á acción da forza, á violencia, e á maneira desgraciadamente eficiente coa que se fai presente. Para contar esta historia as veces abafante e angustiosa, Xavier Queipo emprega un ton que oscila entre unperfectamente audible murmurio de fondo e unha tensión aburadora, acentuada pola aparición de imaxes e descricións formando catálogos dunha intensidade que chega a ser non xa soamente lingüística, senón mesmo física. Ao cabo, o sufrimento tamén é unha maneira de disposición da linguaxe, unha maneira de contar, e sería intolerable que a literatura tivese que prescindir totalmente da dor dos homes, que rexeitase tratar desa arrepiante realidade que é o home como ameaza para o propio home. Malaria Sentimental desprégase nun relato que conxuga as aventuras, o romántico ou bélico con pasaxes coa calidade do estático e máis do digresivo. Porque non hai literatura sen digresión e Queipo é un habelencioso estilista, con capacidade para realizar esa operación contradictoria, negada a outro tipo de discurso que non sexa o literario, que é a de xuntar aos opostos. Velaiquí un libro fascinante, concluínte e, sen embargo, sorprendente: unha novela |
Manual de instruccioóns Microensaios. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1999 ![]() |
||
![]() |
Hai manuais para o automobil, para a lavadora, para o televisor, para o computador. O libro de instruccións converteuse nunha constante no vivir cotián, nun referente necesario para nos mover con naturalidade nun mundo altamente tecnoloxizado. Máis, paradoxalmente, saímos ao mundo .o mundo real, o que está fora das fronteiras do noso territorio doméstico. sen unhas instruccións mínimas. Por iso, se cadra, é tan importante repensar un método para cada cousa, para procurar a sombra dunha árbore, para non nos facer adultos no peros dos sentidos (o de derrotado e conformista), para ser quen de relativizar a nosa felicidade e valorala no que vale, par rir a cachón de todo o que nos arrodea, para non sentir o baleiro inmenso dentro de nós, para non ter medo canse se vai a luz e quedamos sós no cuarto sen a compaña do televisor |
Papaventos Novela. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 2001 ![]() |
||
![]() |
En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere “que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela”. A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade. Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio. |
Nos dominios de Leviatán Poesía. Colección Tambo da Diputación de Pontevedra, Pontevedra 2001 ![]() |
||
![]() |
O ladrón de esperma Contos. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 2001 ![]() |
||
![]() |
O ladrón de esperma está constituído por cinco relatos de marcado carácter experimental e variado rexistro, que vai dende o exotismo intelectual de “Shinju”, onde se revisa a tradición do suicidio de mutuo acordo entre dous amantes co fin de probar o carácter xenuíno do seu amor, que se realiza no Xapón, ata o relato “O ladrón de esperma”, que dá título ao libro, onde se analiza o comportamento sexual humano mimetizado co dos insectos (os traballos científicos relatan que os cabaliños do demo macho teñen o seu pene deseñado non só para fecundar á femia, senón tamén para limparlle a vaxina de xeito que non quede ningún tipo de resto de esperma do macho anterior), pasando por un conto onírico con catro finais posibles, “Soño nunha noite de inverno” ou a visión bifocal dun acontecemento escoitado en voz baixa durante a nenez polo autor, “O tío Filipe”; finalmente, “Os cabalos da procesión” aporta unha versión de cómo se viviron os primeiros días da Guerra Civil española en Compostela. Imaxinado tamén a partir dunha historia incompleta que algún día escoitou Xavier Queipo por boca dun seu ancestro. Xavier Queipo obtivo cos relatos incluídos en O ladrón de esperma o Premio Café Dublín 2000. |
Os ciclos do bambú Contos. Editorial Galaxia, Vigo 2003 ![]() |
||
![]() |
Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade. Cada libro de Xavier Queipo é unha nova aventura, un percorrido por mundos e paisaxes sorprendentes, tamén unha exploración do que se agocha nos adentros do ser humano. A presenza de Asia na narrativa de Queipo xa tivera moi boa acollida por parte dos lectores e lectoras, ao xurdir en libros como Ringside e a novela Malaria sentimental. Nunca ata o de agora o escritor dedicara un libro a percorrer distintos ámbitos das culturas asiáticas, recreando e experimentando cos xeitos de narrar as historias do continente ou utilizando o senso do humor e o xogo textual como fai en Os ciclos do bambú. |
Glosarios Poesía. Edicións Espiral Maior, 2004 ![]() |
||
![]() |
O espello e o dragón Literatura infantíl. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 2004 ![]() |
||
![]() |
Nun curruncho perdido do Himalaia había un país tan pequeno que só tiña unha montaña. Na montaña había unha cova. Na cova vivía un animal monstruoso a quen chamaban o malvado dragón Nemoth. O dragón Nemoth tiña o pobo na miseria. Repañaba con todo o que atopaba diante, queimando casas e cabanas co lume que saía da súa boca e roubando todos os animais que se achaban ao seu paso. “O espello e o dragón” é un conto de estrutura acumulativa tradicional e dirixido a lectores de sete anos en diante, ambientado na cultura chinesa, co que o escritor Xavier Queipo se inicia no eido da literatura infantil.
|
Pegadas Poesía. Co-edición Concello de Santiago e xornal "El Correo Gallego", Santiago 2006 ![]() |
||
![]() |
Dragona Novela. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 2007 ![]() |
||
![]() |
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha “novela de personaxes”. Nunha cidade sumidoiro, cualificada polo autor como “A cidade do esteiro”, desenvólvese a vida dunha serie de personaxes atípicas chegadas dos catro cantos do mundo, que transitan entre a desesperación e a lubricidade, entre o comportamento fútil e as paixóns máis primarias. Dragona é unha novela con banda sonora e recreación no terreo se cada máis inexplorado da narrativa galega, aquel que analiza con precisión de cirurxián os sentimentos e as paixóns coma se fosen tecidos dun corpo único. Esta novela marca, para o autor, un antes e un despois na súa procura constante, na procura do que non se ve, deses lindeiros da incerteza, o que Cortázar chamaba “o outro lado”. Dragona é unha parábola do futuro que nos espera, que está aí, que xa chega.
|
Caderno da Revolución Cultural Crónicas radiofónicas. Edicións Laiovento, Santiago 2007 ![]() |
||
![]() |
Este Caderno da Revlución Cultural reúne as colaboracións de Xavier Queipo no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. Son o resultado dese comprometerse a ser e neles descubrimos as preocupacións, os intereses, os afectos intelectuais, a cosmovisión, en fin, dun dos autores máis persoais da literatura galega contemporánea. No Caderno da Revolución Cultura atopra o lector, a lectoraa, a curiosidade do viaxeiro e se demorara na profundidade do detalle, a mirada analítica do científico a se expandir nos territorios da imaxinación, a aventura dos asabores que se adxectivan e singularizan cada xesto, cada palabra, as paixóns mariñas, as querenzas asiáticas, as deflagracións íntimas, as contradiccións da materia da vida -"que me paso a vida revisando dogmas e asolagando lastres"- e esoutras rutas que só abre o texto poético. Xavier Queipo pon no aire e agora propón en libro temas para o debate, dende o medio ambiente, o cambio climático ou os incendios até os tópicos identitatios, a Cidade da Cultura, o Día das Letras, ou as condicións do escritor, itinerarios abertos con èrcorridos que nos poden levar dos nomes das rúas aos entramados simbólicos que sustentamos. |
Saladina Relatos. Editorial Galaxia, Vigo 2007 ![]() |
||
![]() |
Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores. É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán". É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán".
|


















